RTVE retírase do Festival de Eurovisión logo de que as votacións celebradas na asemblea da Unión Europea de Radiodifusión (UER) decidisen a permanencia de Israel no certame. Foto: CC-BY Heute.at
RTVE retírase do Festival de Eurovisión logo de que as votacións celebradas na asemblea da Unión Europea de Radiodifusión (UER) decidisen a permanencia de Israel no certame. Foto: CC-BY Heute.at
Feijóo sobre o escándalo en Ribera Salud, dona de Povisa: "Se algúen pretende aforrar cartos a base de non atender doentes, non só hai unha responsabilidade administrativa". O líder do PP e ex-presidente da Xunta pide "unha auditoría" do hospital madrileño no que se ordenou atender menos doentes. Na imaxe, Feijóo nun acto no novo hospital de Vigo, que non implicou cesar o concerto con Povisa.
Tres ultras do Atlético de Madrid, procesados polo asasinato de Jimmy once anos despois. Un xulgado de Madrid remata a investigación e envía a xuízo cinco investigados, incluíndo dúas persoas máis polas lesións causadas a outro seareiro do Deportivo.
O sindicato de enfermaría Satse desconvoca a folga prevista mañá xoves en atención primaria e os PAC logo de alcanzar un acordo co Sergas. A organización asegura que o pacto "mellor a estabilidade laboral" do colectivo e "avanza na equiparación e dignificación das condicións de traballo".
O Sergas convoca máis de 33.000 nenos e nenas para vacinarse contra a gripe os vindeiros venres e o sábado en 14 hospitais. A rapazada de entre seis meses e 11 anos está citada de maneira extraordinaria o venres pola tarde nos hospitais comarcais e o mesmo día e mais o sábado nos grandes complexos hospitalarios.
Traballadoras de axuda no fogar, residencias e centros de día péchanse nos Concellos de Santiago, Vigo e Lugo en demanda de "condicións dignas", no marco dunha campaña da CIG para "forzar a negociación dos convenios". A Coruña, Ferrol e Pontevedra acollerán tamén mobilizacións á tarde por parte dun persoal que leva meses protestando pola súa precariedade.
Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio, candidatas a ser a Palabra do Ano 2025, na iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. A elixida será a que máis votos reciba a través da web ata a medianoite do domingo 21.
"Quen vos pagou o bus? Déronvos bocadillo? Tedes caixa de resistencia?", chancea o BNG no Parlamento cos populares pola súa manifestación en Madrid. O deputado nacionalista Óscar Insua dá a volta ás críticas do PPdeG a BNG e CIG por manifestarse en Galicia.
As estatuas do Mestre Mateo xa están en Santiago máis de 70 anos despois. As figuras de Abraham e Isaac foron trasladadas este luns desde o Pazo de Meirás á capital galega nun acto que "representa a loita de todo o pobo galego", segundo a alcaldesa Goretti Sanmartín. "É un día histórico", dixo. As pezas estarán expostas no Museo do Pobo Galego desde o 11 de decembro.
A CIG denuncia un novo accidente laboral nas obras do AVE en Ourense que deixa un traballador ferido. O envorcado do camión feriu o seu condutor, que foi trasladado en ambulancia ao hospital de Ourense. A CIG denuncia "falta de seguridade e exceso de xornada" e lembra que neste tramo do AVE houbo tres accidentados en quince días, un deles falecido.