O PSdeG promove como senador por designación do Parlamento galego a Xoaquín Fernández Leiceaga, que coordinará o programa electoral do partido para as eleccións galegas. "O meu empeño fundamental vai ser seguir contribuíndo ao cambio
político en Galicia", di o tamén presidente dos socialistas galegos, ata agora voceiro parlamentario. Tras as novas xerais, a Cámara galega ten que volver designar tres postos no Senado; dous corresponden ao PP e un, ao PSdeG por volver ser segunda forza do lexislativo.
