ÚLTIMA HORA | A Xunta terá que pagar outros 800.000 euros por anular o concurso eólico do bipartito. O TSXG condena a Administración a indemnizar unha compañía, tal e como fixera en varios casos anteriores. Máis información, esta tarde en Praza.

ÚLTIMA HORA | A Xunta terá que pagar outros 800.000 euros por anular o concurso eólico do bipartito. O TSXG condena a Administración a indemnizar unha compañía, tal e como fixera en varios casos anteriores. Máis información, esta tarde en Praza.
O ex-senador do PP Luis Fraga admite que recibiu diñeiro negro do partido para pagar gastos electorais. O político, sobriño de Manuel Fraga, reafirmouse nesta declaración a preguntas da Fiscalía no xuízo da primeira época do caso Gürtel.
A Xunta suspende o transporte escolar para o mércores e xoves en numerosas comarcas de Lugo, Ourense e interior da Coruña ante a previsión de nevaradas. A Consellería mantén as clases, pero deixa en mans das direccións dos centros a súa suspensión en caso de risco. Pódense consultar os concellos afectados nesta ligazón.
O autobús tránsfobo de HazteOir atropela en Pamplona unha das persoas que se manifestaban contra a súa presenza na cidade. O vehículo fora previamente inmobilizado pola Policía Municipal e obrigado a tapar as imaxes e mensaxes da plataforma ultracatólica
O novo responsable das investigacións de accidentes proposto por Fomento rexeita reabrir a de Angrois. O enxeñeiro que presidirá a CIAF di que esta, en contra do que opina a Axencia Ferroviaria Europea, foi independente na análise na que culpou o maquinista. Fernando Montes quedou ratificado no cargo cos votos a prol de PP, Ciudadanos e PNV, abstención do PSOE e voto en contra de Unidos Podemos e Compromís. Consulta aquí toda a información
Este mércores volve a invernía e con ela, a neve a boa parte de Galicia. As nevaradas prolongaranse cando menos ata o xoves. Debúllao 4gotas.com
VÍDEO | O regreso da selección feminina de fútbol sala, en "película". A Federación Galega de Fútbol resume neste vídeo os mellores momentos da reestrea do combinado galego, que o pasado 8 de marzo goleou a selección catalá por 6-2
Representantes de nove concellos das comarcas de Ferrolterra e Coruña participaron na xuntanza que busca conformar unha fronte común para a mellora da comunicación por ferrocarril entre as dúas cidades. Acordouse demandar a construción do bypass de Betanzos (que aforraría 8 minutos na viaxe), un incremento de frecuencias e mellor coordinación con FEVE e autobuses.
O cadro de persoal de Pescanova convoca unha manifestación este martes coincidindo co segundo día de folga. A marcha arrincará de Vía Norte ás 10.00 horas e rematará na zona bancaria no cruce de Colón
A Confederación de Empresarios de Ourense pospón a súa escisión da CEG (que xa completaron os empresarios de Pontevedra) pero bloqueará o mandato de Antón Arias. A CEG ameaza con retirarlles as subvencións aos críticos se non acoden ás reunións