Derrubado o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé logo do colapso sufrido pola vía no pasado mes de xuño. O treito que aínda quedaba foi botado abaixo pasadas as 13 horas.

Derrubado o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé logo do colapso sufrido pola vía no pasado mes de xuño. O treito que aínda quedaba foi botado abaixo pasadas as 13 horas.
Renfe prolonga ata Alacante os dous servizos AVE que comunican a diario Ourense e Madrid. Será a partir do 13 de setembro, tras a reestruturación das estacións madrileñas e a apertura do túnel baixo esa cidade que permite a comunicación directa entre as liñas do norte e do leste e o sur peninsular.
España reduce un 3,7% o consumo de luz polas medidas de aforro, pero gasta un 6% máis de gas. infoLibre conta como o gas natural é a principal fonte de xeración de enerxía pese á vontade de Bruxelas de reducir o seu consumo.
A caída dunha árbore cortou a liña de tren A Coruña-Lugo entre os concellos de Curtis e Oza-Cesuras, segundo informa Adif.
A folga de tripulantes de cabina de Ryanair cancela catro voos en Santiago. Cubrían a ruta entre Compostela e Madrid e Compostela e Fuerteventura.
Os traballos de desmonte do viaduto da A-6 caído en Pedrafita comezarán mañá mércores. O Ministerio de Transporte anuncia o inicio das obras para a retirada do van que quedou illado, ao que seguirá a desmonte das pilas e dos restos dos vans colapsados.
Neste 15 de agosto, o día das festas por toda Galicia, recuperamos esta reportaxe:
Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta 🙂
Rafa Domínguez, candidato do PP en Pontevedra: “Fun unha vez aos touros con 15 anos e xurei que non volvería máis”. O popular pronúnciase sobre as touradas na cidade e di, segundo recolle Pontevedraviva.com, que respecta a quen vai á praza e a quen se manifesta en contra, pero que se é alcalde “non me verán”. [Imaxe: PP de Pontevedra]
O Concello de Ribadeo volve reclamar á Xunta que evite que turistas amoreen pedras na praia das Catedrais, espazo natural protexido. O goberno local di que xa deu instrucións aos seus socorristas, pero lembra que a competencia en materia de medio ambiente é da Xunta, encargada de controlar os accesos ao areal.