Lugonovo advirte de que "non apoiará ningunha moción de censura liderada ou apoiada pola dereita" para desaloxar a socialista Lara Méndez da alcaldía lucense. A formación advertiuno na xuntanza co resto de grupos da oposición tras ao fío da cuestión de confianza perdida pola alcaldesa. Un improbable pacto do PP e Ciudadanos co BNG e ACE sería, daquela, a única fórmula para unha moción de censura.
