Nun comunicado o Deportivo da Coruña promete "seguir pelexando" na procura da "verdadeira xustiza", unha vez consumado "un atropelo sen precedentes". O Consello Superior de Deportes validou a decisión adoptada pola Liga de deixar o Fuenlabrada sen castigo, o que supón o descenso a Segunda B do equipo galego. O clube afirma que traballará "dende xa sen descanso para regresar ao fútbol profesional no terreo de xogo".
Fálase
O comisario europeo de Comercio, Phil Hogan, dimite tras incumprir as restricións polo coronavirus durante as súas vacacións na súa Irlanda natal.
O persoal técnico de incendios mantén a folga iniciada o pasado 1 de agosto, que acompaña de concentracións en varias cidades galegas e que conta con servizos mínimos próximos ao 100%. Reclaman un reforzo do persoal pero as súas demandas pasan por un novo modelo de prevención e extinción do lume en Galicia.
O Sindicato de Estudiantes convoca unha folga en toda España para os días 16, 17 e 18 de setembro polas condicións nas que comeza o curso debido á crise do coronavirus. Acusa de "desidia" ao departamento dirixido por Isabel Celáa e asegura, nun comunicado emitido este mércores, que "con esta actitude, o Ministerio de Educación dá luz verde á dereita para que continúe coa súa política de privatización e recortes do ensino público nas comunidades autónomas que goberna, e renuncia a garantir unhas condicións dignas para volver ás aulas".
O 70% da poboación española poría unha vacina contra o coronavirus, segundo o estudo COSMO-Spain sobre a percepción da COVID-19 publicado este martes. Así mesmo, o 59% amósase disposta a descargar a app Radar-Covid para facilitar o rastrexo de contactos de persoas contaxiadas. A enquisa revela a confianza no persoal sanitario e investigador e o apoio ás medidas máis restritivas para controlar a enfermidade
O presidente do Parlamento celebra este luns a rolda de consultas cos grupos parlamentarios para propoñer a Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta. O aspirante defenderá o seu programa de goberno o martes 1 de setembro e o xoves 3 será elixido grazas á maioría absoluta con que conta o PP.
As fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
A Xunta comunica que este sábado comeza a época de caza de corzo e xabaril. No último caso durará ata o 28 de febreiro despois de que o Goberno galego decidise o pasado ano aumentar un mes a tempada “ante a sobreabundancia da especie”.
Profesionais da CRTVG reclaman no Venres Negro 118 a creación do Consello de Informativos previsto por lei hai case nove anos para velar pola súa independencia.
A Xunta publica no DOG o regulamento oficial da súa aplicación Passcovid fronte ao coronavirus, que xa pediu integrar coa que está a desenvolver o Goberno central.