O debate da investidura de Feijóo será os días 1 e 3 de setembro, coa previsión de que tome posesión do cargo por cuarta vez o sábado 5. Malia a súa promesa de gobernar “desde o día seguinte”, desde as eleccións do 12 de xullo a Xunta está en funcións, coas competencias restrinxidas e coa súa actividade reducida. A previsión inicial de que a investidura fose a última semana de agosto viuse condicionada pola posible celebración dunha nova reunión dos presidentes autonómicos e o do Goberno central.
