O TSXG avala a Xunta para esixir o certificado COVID para acceder aos locais de lecer nocturno. O tribunal considera xustificada a medida por aplicarse en lugares onde aumenta o risco de transmisión do virus e está limitada no tempo e destaca que ningún establecemento estará obrigado a pedir a documentación, pois só a requirirán aqueles “favorecidos por unha ampliación de capacidade e de horario”.
