Ampliado o prazo de envío do voto por correo nas eleccións xerais do 10N ata o 8 de novembro. A solicitude do sufraxio postal pódese realizar ata o 31 de outubro. Consulta aquí os prazos actualizados.

Ampliado o prazo de envío do voto por correo nas eleccións xerais do 10N ata o 8 de novembro. A solicitude do sufraxio postal pódese realizar ata o 31 de outubro. Consulta aquí os prazos actualizados.
A Audiencia Nacional ordena pechar o sitio web da plataforma independentista catalá Tsunami Democràtic. O xuíz que deu a orde é o mesmo que investiga os CDR e, segundo fontes xurídicas, investiga a Tsunami Democràtic á procura de indicios de "terrorismo".
Feijóo cualifica de “punteira” a nova furgoneta de Toyota, presentada na delegación da Xunta en Vigo. Faino tras recomendar hai dúas semanas a Pablo Casado nun mitin que compre o novo todocamiño de Peugeot “porque ten un prezo/calidade fantástico”.
Comezan a chegar a Barcelona milleiros de persoas diferentes columnas das 'Marchas pola liberdade' organizadas pola ANC e Òmnium como resposta á sentenza do procés. Prevese que a manifestación na que confluirán adquirirá dimensións semellantes ás das Diadas máis concorridas.
Carles Puigdemont queda en liberdade sen fianza tras declarar ante o xuíz en Bruxelas á espera da decisión sobre a súa entrega ás autoridades españolas, que o xuíz Llarena volveu reclamar nunha nova euroorde por sedición e malversación e non por rebelión, como nos seus anteriores intentos.
O escritor Mario Regueira gaña o premio Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey do concello de Fornelos de Montes co artigo Matar o recadeiro, no que aborda a precariedade laboral do persoal de empresas de envío de mercadorías a domicilio. O premio entrégase o 24 de novembro en Fornelos.
O PSOE segue en cabeza cara ás eleccións xerais do 10N, pero separado dun PP á alza por apenas vinte escanos. É unha das conclusións do promedio de enquisas que ofrece eldiario.es, que sitúa a Ciudadanos en risco de caer por baixo de Vox por mor do seu forte devalo.
PSOE, PP, Ciudadanos, Unidas Podemos e Vox acordan celebrar un debate televisivo previo ás eleccións xerais do 10N. Será o 4 de novembro organizado pola Academia de Televisión e moderado pola xornalista María Casado. Os grupos apuntan que a data era a preferida polos socialistas.
Os cabalos das San Lucas comezan a baixar cara á praza da Catedral de Mondoñedo. A histórica feira, que se remonta a hai 863 anos, desenvólvese ata o domingo e inclúe desta volta o Festival Intercéltico con Gwendal e Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre entre os participantes.
Unha vintena de universidades de todo o Estado organizan debates sobre prostitución para "estimular o diálogo" tras a cancelación dunhas Xornadas sobre traballo sexual na Universidade da Coruña