O Concello de Sanxenxo anuncia un plan para parcelar a praia de Silgar durante o verán para que o turismo se sinta "tan seguro como na súa casa" fronte ao coronavirus, di o alcalde da vila, Telmo Martín.

O Concello de Sanxenxo anuncia un plan para parcelar a praia de Silgar durante o verán para que o turismo se sinta "tan seguro como na súa casa" fronte ao coronavirus, di o alcalde da vila, Telmo Martín.
O Eixo Atlántico de cidades da eurorrexión reclama á UE que non mude polo coronavirus as normas que obrigan ás compañías aéreas a devolver o importe dos billetes. O presidente da entidade, Ricardo Rio, alcalde de Braga, remitiu unha carta á comisaria de Transportes, Adina Valean, na que amosa a súa preocupación por que o intento das empresas por mudar o reembolso por bonos canxeables posteriormente se poida estender a outros sectores da economía.
Distinguido co premio Pullitzer un traballo de investigación publicado na estadounidense ProPublica ilustrado e deseñado polos galegos Denís Galocha e Xocas González, respectivamente.
O PNV apoiará a cuarta prórroga do estado de alarma polo coronavirus tras pactar co Goberno central "acordar con cada comunidade autónoma aspectos clave da loita contra a pandemia como a circulación de persoas" e axudar á "mellor realización daquelas eleccións que se poidan convocar", como as vascas e galegas. (Na imaxe, de arquivo, Pedro Sánchez e Aitor Esteban)
O Goberno central pecha un acordo con Ciudadanos para que apoie a cuarta prórroga do estado de alarma polo coronavirus e continúa negociando co PNV á procura do seu voto
A Xunta pide que o Estado compense ás concesionarias de buses interurbanos con 8 millóns de euros polas restricións de mobilidade impostas polo coronavirus. O Goberno galego tamén considera que terá que compensar ás concesionarias de autoestradas e autovías fronte á postura contraria do Goberno central porque nada impide a esas empresas seguir executando os seus contratos de xestión de vías de comunicación, que nese caso seguen abertas.
A compañía de telecomunicacións R que dá servizo a milleiros de galegos informa dunha incidencia no seu servizo de internet.
O BNG absterase na votación da nova prórroga do Estado de Alarma polo coronavirus. O Bloque anuncia que non pode "avalar unha liña de acción" do Goberno central que cre "profundamente equivocada", pero di "manter a actitude construtiva", polo que "non se oporá a unha nova prórroga".
O paro rexistrado aumentou en Galicia en 17.148 inscricións durante o mes de abril, o segundo afectado polo coronavirus, e chega ás 191.629 persoas, 25.403 máis que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social descendeu en Galicia en 27.853 persoas, caendo notablemente do nivel do millón de afiliacións ata as 974.770; 35.821 menos que doce meses antes. Ampliamos a información neste espazo
ERC votará "non" á nova prórroga do estado de alarma polo coronavirus. A formación soberanista catalá optara ata agora pola abstención