O persoal das actividades esenciais que teña que seguir traballando ten dereito a que a súa empresa lle entregue unha declaración responsable que facilite os seus desprazamentos. Esta é, e pode descargarse do BOE aquí.

O persoal das actividades esenciais que teña que seguir traballando ten dereito a que a súa empresa lle entregue unha declaración responsable que facilite os seus desprazamentos. Esta é, e pode descargarse do BOE aquí.
A Xunta intervén dúas residencias privadas de maiores DomusVi en Vigo e Cangas ao abeiro do estado de alarma polo "elevado número de positivos por coronavirus entre as persoas usuarias e traballadoras". Serán, sinala a Xunta, convertidas temporalmente en "residencias integradas" para persoas anciás residentes e contaxiadas pola covid-19, ao xeito das habilitadas en Santiago e Baños de Molgas.
A Organización Mundial da Saúde confirma que o coronavirus covid-19 non se propaga libremente polo aire. GCiencia debulla o informe da OMS ao respecto
Casado avanza que o PP non apoiará no Congreso os reais decretos aprobados polo Goberno central para ampliar o estado de alarma polo coronavirus "se non se modifican". O líder conservador di detectar unha "deriva cara ás teses de Podemos" en materias como a suspensión da actividade económica cun permiso retribuído, que hoxe entrou en vigor. Casado tamén lamenta que os medios de comunicación "poñan o foco no positivo" e non en "entrevistas a persoas afectadas" ou "nas morgues" (Imaxe: PP)
Moléculas en Galego explica nesta infografía a química dos xeles desinfectantes, empregados para deter a propagación de xermes e, especialmente nestes días, para evitar a transmisión do coronavirus
As familias que xa teñan axuda de comedor escolar e queiran seguilas recibindo durante o confinamento poderán solicitalas aos centros educativos. O DOG publica hoxe o procedemento e establece que “as familias que acrediten dificultades” para empregar a sede electrónica da Xunta poderán solicitar que o equipo directivo do centro o fagan por eles, para o que os centros “habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias”.
O BOE publica o Real Decreto que regula o "permiso retribuído" polo coronavirus e implica o cesamento da actividade económica non esencial. O texto inclúe unha moratoria de 24 horas para as compañías que non poidan parar de inmediato. Pódese consultar aquí e ampliamos a información neste espazo
Alerta laranxa por temporal costeiro desde esta tarde e ata a tarde do luns no litoral da Coruña por ondas e vento e amarela no resto da costa galega.
Esta madrugada deuse por extinguido un incendio que afectou a 24 hectáreas en Vilamartín de Valdeorras. [Imaxe: @BMarroxo]
A USC co-financiará os custos de acceso a internet do seu alumnado durante o estado de alarma. Dirixido a alumnado de titulacións oficiais de grao e mestrado, a medida busca garantir o acceso ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a actividade académica e poderá solicitarse dende o luns 30.