O certame portugués de fotoxornalismo Estaçao Imagen recoñece con mencións de honra unha imaxe do fotógrafo compostelán Óscar Corral sobre os refuxiados do Aquarius e unha serie do ourensán Tono Arias sobre o entroido. "O excepcional do 'Aquarius' foi traballar tantos días coas mesmas persoas, que ao marchar despídense polo nome", dicíanos o fotógrafo nesta entrevista. (Imaxe: Óscar Corral)
