Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela Extraordinario, centrada nas relacións de familia. Será publicada por Galaxia.
Fálase
Rosa María Mateo, no Congreso: "Ninguén me vai dar ordes; impórtalles moi pouco a televisión pública, só lles importa cando a poden controlar". A administradora única provisional de RTVE retrucou deste xeito ás acusacións que recibiu por parte de grupos parlamentarios como o PP durante a súa comparecencia na Cámara Baixa. Vídeo divulgado pola Cadena SER.
O grupo de goberno de Sada proporá unha moción no pleno instando o Estado a que "exerza inmediatamente a vía xudicial para recuperar o Pazo de Meirás". "Mentres os Franco se moven, o Goberno do Estado segue pasivo", di Sadamaioría tras o intento de venda da parte do inmoble que lle corresponde a un dos netos do ditador.
A Audiencia de Pontevedra inicia este mércores o xuízo contra os 'miguelianos', apoiados durante anos pola Igrexa antes de consideralos seita. A Fiscalía pide para o seu líder, Miguel Rosendo, 66 anos de cárcere por 21 delitos, entre eles contra a liberdade sexual.
O cadro de Castelao A derradeira leición do mestre comezou este martes en Bos Aires o seu traslado á Cidade da Cultura, onde formará parte da exposición Castelao Maxistral que estará aberta do 5 de outubro ao 3 de marzo. Consulta aquí toda a información
Ana Romaní, galardoada co premio Nacional de Periodismo Cultural, que concede o Ministerio. O recoñecemento chega despois de que a Radio Galega suprimise o Diario Cultural co seu formato habitual, tornándoo en microespazos en diversos treitos da programación. O xurado destaca a súa "longa traxectoria" xornalística, o seu constante traballo de promoción da cultura e a súa "visión de feminismo crítico e compromiso social"
ENQUISA | O CIS sitúa o PSOE como líder en intención de voto en eleccións xerais cun 30,5% dos sufraxios, case 10 puntos por riba do PP, ao que ubica próximo ao empate técnico con Ciudadanos en segunda posición. Unidos Podemos e as súas confluencias ocuparían a cuarta posición co 16,1% dos votos. A sondaxe foi realizada entre o 1 e o 11 de setembro. Máis información en eldiario.es
A comisión de investigación sobre os recortes sanitarios pactada por En Marea, PSdeG e BNG bota a andar este xoves. A primeira tarefa deste órgano, activado automaticamente malia á oposición do PP pero no que os populares teñen maioría, será elixir a Mesa que dirixirá os traballos.
Alumnado, profesorado, nais e pais do CEIP de Cedeira, en Redondela, volve vestir de negro para protestar pola supresión dunha praza de mestre e do desdobre en Sexto de Primaria. A comunidade educativa realizou igualmente unha cazolada ante o Concello. Brión, Santiso, Santa Comba, Ordes, Roxos ou Allariz tamén manteñen protestas polos recortes no ensino.
Os premios da Cultura Galega 2018 serán para Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, O FIOT de Carballo, A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, O Sorriso de Daniel e Ramón Villares. Así o decidiu este luns o xurado dos galardóns.