BNG e PSdeG acordan unha moción de censura en Viana do Bolo para apartar o PP da alcaldía, que ocupaba en minoría. Neste caso a censura non se apoia en concelleiros tránsfugas, o que vén de facilitar, tras unha recente sentenza do Tribunal Constitucional, diversas mudanzas que levaron ao PP a perder Noia e gañar Forcarei, Touro e Fisterra.
