Galicia respira tras un martes de calor abafante, onde varias localidades do sur superaron os 42ºC. As temperaturas baixan notablemente este mércores, no que ningún concello superará os 36ºC. Tan só o val do Miño de Ourense e Valdeorras manterán a alerta laranxa.