A Xunta eloxia a Baltar e coida que cómpre "agradecer moitísimo a súa vontade de implicarse" en acordos co Goberno galego. Afirmouno o vicepresidente, Alfonso Rueda, tras a recepción ao titular da Deputación de Ourense por parte do presidente da Xunta, que se prolongou durante máis de dúas horas. O ourensán realizou unha "detección perfecta dos asuntos nos que podemos colaborar", di Rueda.
