Comeza a primeira xornada da sesión de investidura de Pedro Sánchez no Congreso dos Deputados. Pódese seguir aquí
Fálase
Ás 12 do mediodía comeza o pleno de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España, para o que ten apalabrados 179 votos, 3 máis dos necesarios e 7 máis dos que logrou Feijóo en setembro. Pola tarde comezarán as intervencións dos grupos parlamentarios e as réplicas e a votación está prevista contra o mediodía do xoves. A sesión pode seguirse en directo na web do Congreso.
Democracia Ourensana, o partido de Gonzalo Pérez Jácome, presentará como candidato nas eleccións galegas a Armando Ojea, tenente de alcalde e home de confianza do rexedor ourensán. Na imaxe, de DO, Ojea, á dereita, con Jácome, á esquerda.
Os sistemas informáticos do Sergas e parte da telefonía están interrompidos desde as 17.51 horas deste martes afectando a todo tipo de consultas e servizos médicos. Os servizos técnicos non prevén recuperar os servizos caídos ata a medianoite.
A comarca de Ferrolterra, a máis afectada polas fortes chuvias das últimas horas. Neda e Fene son os concellos con máis incidencias polo desbordamento de varios ríos e inundacións en vivendas. Foto: Concello de Ferrol.
O PP aproba unha reforma exprés do regulamento do Senado para frear a lei de amnistía. Feijóo reúne a prensa estranxeira para denunciar "a deterioración da democracia en España".
O PSOE rexistra en solitario a proposición de lei de amnistía no Congreso. O texto leva só a sinatura dos socialistas malia que a idea era contar coa de Sumar, BNG, ERC, Junts, PNV e EH Bildu.
As traballadoras da limpeza en Lugo rexeitan a oferta da patronal e manteñen a folga. As limpadoras desbotaron por unanimidade a última proposta por ser "absolutamente insuficiente" e seguirán co paro, que está a piques de facer un mes.
O debate de investidura de Pedro Sánchez celebrarase os vindeiros mércores 15 e xoves 16 de novembro, segundo vén de anunciar a presidenta do Congreso, Francina Armengol. O líder do PSOE ten asegurado ser investido presidente do Goberno de España este xoves ao apalabrar 179 votos favor.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebra nun acto a chegada do peregrino número 438.308, que supón un récord histórico de camiñantes a Compostela e supera o máximo acadado ao longo do pasado ano 2022, a pesar de que este 2023 non ten consideración de Ano Xacobeo. Hai dous meses Rueda destacou que podía haber un 30% de peregrinos realizando o Camiño de Santiago que non aparecen nas estatísticas, porque por distintos motivos non recollen a Compostela, polo que a cifra podería ser mesmo superior.