EPA | O paro aumentou en 5.000 persoas no primeiro trimestre do ano en Galicia ata as 170.841; son 32.600 menos que hai un ano. No mesmo trimestre as persoas a traballar en Galicia descenderon en 7.900 con relación ao trimestre anterior, aínda que son 30.100 máis ocupadas que un ano antes. A taxa de paro queda en Galicia no 12,47%; 43 décimas por riba do trimestre previo e 2,61 puntos menos que hai un ano. Máis información, hoxe en Praza.gal
Fálase
Traballadores de ENCE e das súas contratas maniféstanse ante a sede central do PSOE na rúa Ferraz de Madrid culpando a Pedro Sánchez do posible peche de fábrica.O Goberno socialista deixou de defender ante a xustiza a prórroga que outorgara o executivo de Rajoy. (Imaxe: @CeaPontevedra)
28A | Ampliado novamente, ata o venres, o prazo para emitir o voto por correo. O número de peticións en Galicia, máis de 67.000, é o segundo maior do século. Inicialmente o prazo remataba hoxe mércores, foi ampliado ao xoves e agora novamente ao venres.
Alumnado da Coruña e Ferrol prepara novas convocatorias de protesta contra o cambio climático, no marco do movemento internacional Fridays For Future. Será este xoves 25 de abril, cunha manifestación entre o Obelisco e a Praza de María Pita, que lle dá continuidade ás mobilizacións que tiveron lugar o mes pasado. Falamos cun dos voceiros do movemento nesta entrevista
Estudantes da Facultade de Ciencias Políticas da USC inician este mércores un peche no centro para alertar das deficiencias que presenta o edificio. Denuncian que eivas na instalación eléctrica "poñen en risco a seguridade" do alumnado ou a "ausencia de espazos de estudos", ademais de criticar o actual sistema de realización de prácticas laborais, "cunha duración desmesurada e sen remuneración económica"
Un incendio arrasa as instalacións das termas da Chavasqueira, en Ourense. Os bombeiros ourensáns, que lograron sufocar as lapas contra as cinco da madrugada, investigan as causas do lume. Non se rexistraron danos persoais. (Imaxe: Bombeiros de Ourense)
Achado o corpo sen vida dunha muller no portal dun edificio en Lugo. Segundo informa o 112, contra as 13:15 foi alertado da aparición dun corpo nun portal da avenida da Coruña, onde "os servizos sanitarios" do 061 "non puideron facer nada por lle salvar a vida". A Policía "trata de esclarecer as causas que arrodean este suceso", indica a Axencia Galega de Emerxencias.
Facebook elimina unha rede de páxinas da extrema dereita española que sumaban 1,7 millóns de seguidores aos que difundían informacións falsas e ataques a diversos líderes de formacións políticas . Está a contalo eldiario.es
O PP ficha o xerente da asociación de hospitais privados de Galicia como 'número 2' da súa lista de Vigo nas eleccións municipais. José Ramón Santamaría foi ata hai uns meses xerente do hospital privado vigués de Fátima, ao que a Xunta desviou pacientes da sanidade pública a través dun concerto. (Imaxe: Fundación Inade)
Abre no salón de plenos do Pazo de María Pita a capela ardente de Joaquín López Menéndez, alcalde da Coruña pola UCD entre 1981 e 1983 falecido o pasado domingo.