Movementos sociais
Un 'Día da Infancia' con cada vez menos nenos e nenas en Galicia
En 2016 naceron 18.952, preto do mínimo histórico, rexistrado en 1998. En oito concellos non se produciu ningún nacemento o pasado ano: Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Muras, San Amaro, A Teixeira, A Gudiña, Pontedeva e Vilariño de Conso.
A policía vixía 1.596 agresores machistas en Galicia
O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero inclúe en Galicia 3.147 casos activos e na metade deles apréciase algún tipo de "risco", entre elas 2 situacións consideradas de risco "extremo", 13 de risco "alto" e 255 de risco "medio", o que leva á adopción de medidas de observación de posibles incidencias.
A devolución do Pazo de Meirás, a debate en Bruxelas
BNG, Bildu, Compromís e ERC organizan este luns 20 de novembro no Parlamento europeo a xornada de debate O Franquismo despois de Franco, na que intervirán investigadores, representantes políticos e asociacións pola memoria e na que a situación do inmoble espoliado será un dos temas centrais
O cambio que o clima político necesita
Daniel Liceras Pascual
O BNG pide que o 1% do orzamento da Xunta se dedique a combater a violencia machista
Representantes da xudicatura, dos CIM e dos colectivos feministas participaron na xornada Avanzando contra a violencia machista, organizada pola formación nacionalista. A fiscal encargada deste ámbito en Compostela pide medidas para reducir as dificultades das vítimas para probar agresións
Denuncian que Facebook censura o tráiler dun filme galego de temática homosexual
A rede social alega “contido inapropiado” para restrinxir a promoción do video, no que non hai escenas sexuais ou personaxes espidas, senón unicamente un bico entre dous homes. Nove de Novembro estrearase nos vindeiros meses
As concentracións de lindano nalgúns lugares do Porriño multiplican por dez o máximo permitido
As medicións efectuadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil sitúan dende hai anos os niveis desta substancia perigosa moi por riba dos límites legais. ADEGA esixe que "se amplíen e completen os labores de descontaminación ata erradicar a totalidade dos materiais e sedimentos contaminados"
CIG-Saúde denuncia o "desmantelamento" do arquivo de historias clínicas no Hospital da Costa
O sindicato sinala que a documentación foi xa trasladada, coa excusa de levar a cabo unhas obras, e alerta de que isto se une a unha longa lista de servizos perdidos no centro sanitario da Mariña.
A impunidade da 'manada'
Celia Fernández
Concurso de cartas contra o maltrato: "Non podo crer que os veciños non nos oíran"
Lalín decidiu este mércores as cartas gañadoras do concurso "Dillo a quen maltrata”, convocado polo Concello a través da Oficina de Igualdade. Os galardóns entregaranse nun acto público o vindeiro 25 de novembro. Máis de 100 misivas participaron no certame, que chega xa á súa 14ª edición.
Denuncian 300 vulneracións do acceso á atención sanitaria en Galicia nos últimos dous anos
Médicos do Mundo, SOS Sanidade Pública e outras entidades presentan o informa Cinco anos de discriminación sanitaria en Galicia, que alerta das dificultades que a poboación inmigrante atopa para acceder ao sistema de saúde, uns obstáculos que son especialmente graves para as persoas con cancro e enfermidades crónicas