Movementos sociais
Cuac FM celebra 20 anos en antena
O 27 de marzo de 1996 iniciou as súas emisións esta radio comunitaria, que naceu co apoio da Universidade da Coruña
A política, baixo o cristal da filosofía, esta semana en Pontevedra
Este luns comeza en Pontevedra a XXXIII Semana Galega de Filosofía, centrada este ano na relación entre filosofía e política, facendo fincapé nas mobilizacións contra o TTIP e a reivindicación de soberanía e democracia ante o poder transnacional.
Vigo volverá saír á rúa pola sanidade pública o 12 de maio
A manifestación, convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria e SOS Sanidade Pública, reclama o rescate da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro, á que o PP se opuxo a semana pasada no Parlamento.
Xs desafiuzadx sociais nacen ou fanse?
Tati Mancebo
Festa do Boi: mudar o sufrimento dos animais por máis programación musical
Galicia mellor sen touradas pide a "reorientación" deste festexo que todos os anos celebra Allariz, semellante ao que acollen outras vilas do Estado español, coas denominacións de toro enmaromado (Zamora) ou bou ensogat (Valencia)
A dignidade comeza por unha vivenda digna. En Guatemala e en todas partes
Este 31 de marzo a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios presenta na Coruña El derecho a un techito, un documental sobre o traballo que fai Arquitectura sen Fronteiras en Guatemala e sobre o dereito a unha vivenda digna, neste país e en todo o mundo.
Cartas a Hache
Monón Díaz
A eterna polémica que arrodea a xestión do dolmen de Dombate
A Deputación da Coruña renovou o convenio co Concello de Cabana para a xestión da xoia do megalitismo galego malia os informes en contra, a masificación e os danos que obrigan a reparar a réplica. AGE presenta unha proposición para que a Xunta adquira e xestione o monumento.
PP e PSOE apoian en Castilla y León a investigación de Angrois que evitan no Congreso e no Parlamento
Populares e socialistas, xunto co resto de partidos con representación nas Cortes rexionais, presentarán unha iniciativa conxunta para pedir unha comisión que investigue na Cámara Baixa o accidente do Alvia. Os dous grandes partidos vetaron antes a mesma petición en Galicia e en Madrid.
Cantil de cristal
Ana Luísa Bouza
A loita por rescatar a concesión do Álvaro Cunqueiro chega tamén ao Congreso
En Marea pide que se anule o contrato coa concesionaria do novo hospital de Vigo e recuperar o seu carácter público sen indemnización para a adxudicataria por incumprimento do contrato. Únese ás reivindicacións que xa foron levadas ao Parlamento galego e á Comisión Europea.