Movementos sociais
Cando se apagan as lanternas
Noela Blanco Rodríguez
Máis de 150 colectivos fan fronte común xunto aos concellos contra o novo copago
Únense na Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade liderada por Riotorto, primeiro concello que anunciou que asumiría o repago farmacéutico, e por outros municipios contrarios á medida. Convocan varias mobilizacións, a primeira o vindeiro día 8.
500 'luzes' para prender un facho "contra o cinismo"
A revista Luzes estará na rúa o 29 de novembro e inicia unha campaña de subscricións a prezo reducido para acadar un mínimo de medio milleiro de subscritores antes do seu lanzamento. Nace como "insurxencia" contra a "conspiración do cinismo", sinalan os seus promotores.
O tren que pode levar ao recheo dun millón de metros cadrados de ría
Os colectivos contrarios ao proxecto de conexión ferroviaria co Porto Exterior de Ferrol acusan os ministerios de Fomento e Medio Ambiente de ignorar as protestas da cidade, case unánimes, contra un trazado que pon en serio risco a Enseada da Malata.
Emigrantes intensifican a protesta ante o silencio do Goberno polas multas de Facenda
As diferentes plataformas maniféstanse ante as delegacións de Facenda de 16 localidades. Reclaman a paralización das sancións, máis e mellor información e un réxime unificado do IRPF para as pensións de diferentes países.
A folga de fame "silenciada" das vítimas da violencia de xénero
Sete mulleres galegas suman quince días de protesta reclamando "protección real" para as maltratadas e denuncian a "censura" que a súa acción está a sufrir en Galicia.
Pola solidariedade formal coas vítimas
Xermán Varela
Luzes
Tati Mancebo
Queres pagar menos pola factura do lixo? Produce menos lixo!
Os habitantes dos concellos adheridos a Sogama pagarán un 34% máis na factura do lixo. Pero hai alternativas: dende as plantas de Nostián e Lousame, cunha meirande aposta pola reciclaxe e a compostaxe, e outras fórmulas, coma as plantas locais de tratamento ou a recollida porta a porta.
40 anos de incendios. Solucións?
Miguel Anxo Abraira
"A Xunta estase rindo de nós; teremos que recuperar o Pindo por nós mesmos"
Ramón Noceda, alcalde de Carnota, censura o "desleixo absoluto" do Goberno galego tras o incendio do verán, advirte dos "espectaculares" danos das escorrentías e anuncia que o Concello prepara xa un plan de actuación á marxe da Administración autonómica.