Pídenlle ao Goberno que atenda a sentenza do TC que avala a atención sanitaria universal
O Foro Galego de Inmigración organizou actos na Coruña, Compostela e Ferrol para demandar os dereitos básicos das persoas migrantes e protestar conta o "acoso policial" que -aseguran- sofren. Este luns o Tribunal Constitucional deu luz verde á atención sanitaria gratuita para todos no País Vasco.