"Nun país civilizado, calquera político relacionado co Prestige tería a súa carreira afundida"
Xosé Manuel Pereiro presentou este martes na Coruña Prestige, tal como foi, tal como fomos, unha crónica do desastre que vai desde a "chafallada" da xestión do desastre ata as solucións políticas, pasando pola reacción da xente, que para o autor demostrou "que Galicia estaba moito máis viva do que nos parecía".