Movementos sociais
O 'Mai Més' volve soar en Catalunya 10 anos despois
O sábado 1 de decembro a Plataforma Nunca Máis Catalunya e a Asemblea Cultural Galega de Barcelona organizan unha serie de actividades co gallo do décimo aniversario da traxedia do Prestige. Os actos terán lugar no Ateneu Roig (Gràcia) e no Ateneu 9 Barris (Trinitat Nova).
"O decreto do plurilingüismo non crea problema ningún nas aulas"
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, insiste en que a Xunta "non ten previsto derrogar" a norma malia a decisión da Xustiza, pero aclara que "buscará unha vía satisfactoria", unha vez que o TSXG emita as sentenzas que faltan.
Partitura en branco
Rosalía Fernández Rial
A propietaria do Prestige acusa o Goberno de "prefabricar un desastre" coas súas decisións
O avogado de Mare Shipping acusa de levar o barco "ao corazón da tormenta" a López Sors, que culpa a rescatadora do "rumbo errático" e que insiste en que afastalo foi a mellor opción.
O Concello de Ribeira teima en 'escribirse' con uve e o Valedor arquiva o caso
A defensoría galega decide pechar a queixa dun cidadán sobre o uso incorrecto do topónimo ribeirense despois de que o goberno da vila manifestase que instaría a Xunta a mudar o nome oficial
Sostenella e no enmendalla
Farruco Graña
O teito de Galicia segue desprotexido dez anos despois
O Plan de Ordenación de Recursos Naturais de Pena Trevinca comezou a tramitarse en 2002 pero o desleixo da Xunta e a presión que empresas que buscan explotar o subsolo veñen adiando a resolución. Mentres, as minas de pizarra seguen destruíndo o entorno.
"O peor da política lingüística da Xunta son os prexuízos que trasladou á sociedade"
Nel Vidal é presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), que vén de enviarlle unha carta a Feijóo na que pide a "volta ao consenso" arredor do idioma e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pase a ser "unha área transversal no organigrama do novo Executivo".
Eles xa o dixeran: sesenta xuristas advertiran das ilegalidades do decreto do plurilingüismo
Profesionais da xudicatura e da avogacía e profesorado de Dereito alertou de que a Xunta ía contra a lei coa súa normativa lingüística, tal e como vén de ratificar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
CIG e técnicos de normalización piden que a Xunta "volva ao consenso" coa lingua
Pídenlle a Feijóo que regrese ao acordo arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística. A CTNL reclama tamén que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pase a ser "unha área transversal no organigrama do novo Goberno".
Alertan do posible "exterminio" de animais na canceira de Armenteira
A Deputación de Pontevedra cederá a xestión das instalacións, nas que se investiron 200.000 euros, a Tragsa. Colectivos coma A Revira ou Os Palleiros denuncian que a empresa poderá exterminar os cans que non sexa quen de atender.