Down Galicia faise co premio Educaweb
Nesta edición presentáronse un total de 42 proxectos, e Galicia foi a terceira comunidade autónoma con máis proxectos presentados por detrás de Catalunya e Madrid
Nesta edición presentáronse un total de 42 proxectos, e Galicia foi a terceira comunidade autónoma con máis proxectos presentados por detrás de Catalunya e Madrid
O enxeñeiro informático que realizou un clon da web do Senado para demostrar o gasto absurdo en softwares propietarios explica as súas motivacións e denuncia o moito que aínda hai por facer canto á penetración do código libre, do open data e dos estándares abertos nas institucións españolas. Entrevista no interior.
Diversos actos reclamaron en todo o país máis recursos para as vítimas de malos tratos e para a sensibilización. "Son insuficientes", asegura a Marcha Mundial das Mulheres.
A Xunta obvia calquera autocrítica nos argumentos que reparte entre os seus para analizar o veto aos principios fundamentais da súa política lingüística por parte do TSXG.
Unha muller vítima da violencia machista durante máis de vinte anos alza a voz para denunciar que, unha vez liberada das agresións físicas, segue sometida por ter que facer fronte a débedas contraídas polo agresor mentres estiveron casados. O seu, subliña, non é un caso illado.
Ricardo Barcia iniciou o pasado luns unha folga de fame e unha acampada diante dunha sucursal de Ibercaja en Vigo para reclamar a dación en pago e saldar así a débeda contraída co banco. Tras dez horras de protesta, a entidade aceptou o acordo. O afectado espera agora que se cumpra a promesa e reflexiona sobre a súa situación e a de tantos milleiros de persoas.
PSdeG e BNG insisten en reclamar a derrogación do decreto do plurilingüismo e a destitución do conselleiro de Educación.
A Mesa informará nos centros de ensino das cidades de que o galego debe volver xa a ter unha presenza normal nas aulas
O conselleiro Jesús Vázquez advirte que nin se derogará o decreto nin se fará reforma ningunha e ameaza con presentar un recurso de casacion á sentenza do Superior.
O TSXG afirma que a Administración non pode “abdicar” das súas responsabilidades e que a elección de lingua no ensino fica “fóra” da “esfera de elección dos pais”. A sentenza tamén salienta que que o galego debería ter “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable” para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais.
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz cualifican a lei de educación proposta polo PP como “regresiva, antidemocrática e devólvenos aos tempos de Franco” despois dunha xuntanza con representantes da Plataforma pola Defensa do Ensino Público.