Galicia perderá uns 13.000 habitantes ao ano na vindeira década
Segundo as proxeccións do INE, en dez anos haberá 130.000 galegos menos e a poboación do país baixará dos 2,6 millóns.
Segundo as proxeccións do INE, en dez anos haberá 130.000 galegos menos e a poboación do país baixará dos 2,6 millóns.
A Asociación Cultural A Revira presentará un escrito no Concello para demandar o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a supresión de varias placas da Delegación Nacional de Sindicatos e un escudo franquista co lema Una Grande Libre rua Michelena
As concentracións, convocadas polo de agora na Coruña, Vigo, O Barco, Ferrol, Cangas e Cee, comezarán ao redor das oito e media. Os actos están organizados de forma individual por un grupo de persoas en solidariedade con Palestina.
César Santiso manterá unha rolda de contactos cos movementos sociais, veciñais, ecoloxistas, sindicatos, empresarios, colexios técnicos e forzas políticas para construír este foro en respota ao proxecto Coruña Futura do Concello
Un grupo de pescadores do Salvador pertencentes a unha das cooperativas que se puxeron en marcha grazas aos proxectos para o desenvolvemento da ONG Asemblea de Cooperación pola Paz visitaron Lira, Vigo, Baiona, Cangas, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Cee e Corcubión.
Hai hoxe dez anos o Prestige avanzaba, ferido e deitando toneladas de fuel, mar adentro. Ás oito da mañá do 19 de novembro de 2002 o buque fendeu, afundindo horas despois. O día seguinte Arsenio Fernández de Mesa declaraba que "o destino do fuel no fondo do mar é converterse en adoquín".
Alberto López Basaguren é membro do comité de expertos que vén de elaborar un duro informe do Consello de Europa sobre a situación do galego no país. O catedrátido de Dereito Constitucional, aínda que con prudencia, cre que "o problema en Galicia é claro: ten que haber ensino en galego para aqueles que o desexen", asegura.
A situación actual non require demoras. O abandono da superficie agraria útil, o crecemento descontrolado da materia vexetal nos predios sen cultivo, a falta de mans para traballar, a desorde (cando non o caos) nas estruturas da propiedade, dan lugar a que se vaian sumando problemas que cada vez sitúan máis contra as cordas ao rural.
Os rexedores de Maceda e Vilar de Santos garanten que ningún veciño quedará na rúa polo impago da vivenda
A actividade dun grupo de mozos e mozas do IES A Cachada -O Club Do Antifás- ía formar parte da Noite Aberta Boiro, organizada polo Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios. Segundo os estudantes o Concello comunicoulles que non a consideraba "axeitada".