Calquera pode ser máis xeneroso que Amancio Ortega
Lanzan unha web que permite calcular a contía e realizar rapidamente unha doazón superior á efectuada polo propietario de Inditex hai unhas semanas. Ortega entregoulle a Cáritas 20 millóns de euros, o 0,05% do seu patrimonio. Se tes 50 mil euros, terías que ceder 25,01 € e xa serías un céntimo máis xeneroso.