Movementos sociais
Alerta polo aumento de peticións para incapacitar persoas maiores en Galicia
Os expedientes incoados pasaron de 2.600 en 2013 a 3.455 o pasado ano. Boa parte dos adultos incapacitados son tutelados por familiares, pero a Xunta supervisa xa a preto de 3.500 persoas con só 23 traballadores.
O Consello de Europa apaña tamén un informe sobre as "carencias" do galego no Bierzo e Zamora
O colectivo Fala Ceibe achega a súa avaliación sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias nos territorios galegofalantes de Castilla y León e denuncia a ausencia de oferta escolar en varias localidades, a invisibilidade nos medios ou a toponimia deturpada.
"Bolsonaro é un instrumento dos poderes financeiros internacionais, un novo colonialismo"
ENTREVISTA | Marcos Sorrentino, profesor de Ciencias Forestais da Universidade de São Paulo e ex alto cargo do Ministerio de Medio Ambiente con Lula, estivo na Coruña convidado pola Marea Atlántica para falar das políticas de sustentabilidade no Brasil e, de paso, valorar o resultado das eleccións que levaron a ultradereita ao poder
Tanatorios, os novos teleclubs
Xosé María Torres
A Mesa alerta ao Consello de Europa que a Xunta segue a vulnerar os dereitos lingüísticos en Galicia
A entidade presenta o relatorio que presentará ante o organismo europeo, que xa emitira duros informes contra a política lingüística do Goberno de Núñez Feijóo por non impulsar a lingua propia.
O prezo dos novos alugueiros en Vigo e A Coruña rolda xa os 600 euros
O Observatorio de Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento analiza a situación do mercado de arrendamentos en 17 cidades e vilas galegas. As dúas principais urbes presentan os prezos máis elevados, seguidas de Compostela, Pontevedra e Ourense. A continuación aparecen Oleiros, Culleredo, Cangas, Vilagarcía e Redondela
As ideas non poden ser delito
Xoán Antón Pérez-Lema
O Tribunal Superior anula a decisión da Xunta e permite emitir a CUAC FM
O TSXG sinala que o Goberno galego vulnerou os dereitos fundamentais da radio ao obrigala a deixar de emitir por ondas. A sentenza recoñece que a Lei do Audiovisual de 2010 lle outorga á emisora comunitaria coruñesa o dereito a contar cunha licenza de FM, que aínda non obtivo pola "inactividade da Administración”
Moaña licita de forma aberta e con cláusulas sociais o seu contrato eléctrico, ata agora en mans de Naturgy
É a primeira vez que se licita de forma aberta este contrato, o que permitirá un aforro duns 19 mil euros anuais. Ademais, introdúcense requisitos de sustentabilidade, garantía de contratación dun 50% de mulleres e esixencia de medidas de conciliación familiar para homes.
Denuncian que o proxecto de tirolina no Canón do Sil é "incompatible coa preservación dos valores naturais da zona"
A pasada semana coñeceuse a intención de instalar unha tirolina dun quilómetro de lonxitude entre o Mirador do Duque (Monforte de Lemos) e o Mirador de Matacás (Castro Caldelas). A Sociedade Galega de Ornitoloxía alerta de que podería poñer en perigo a inclusión da Ribeira Sacra na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO
A autoestrada entre Burgos e Euskadi, construída á vez que a AP-9, eliminará as peaxes o 1 de decembro
Os 91 quilómetros entre Armiñón (Áraba) e Burgos tiñan un custo de 12 euros para os turismos. A AP-1 inaugurou o seu primeiro treito en 1978, un ano antes que a autoestrada galega e finalizará a súa concesión o vindeiro 30 de novembro, 30 anos antes