Movementos sociais
Vigo e A Coruña son a mesma cidade!
Xurxo Souto
Migallas: carta aberta á nova conselleira de Educación
ANPA Pedra Viada do IES de Brión
"Hai que apostar pola mobilidade sostible e por non depender do petróleo. Somos o país do Nunca Máis"
Nosa Enerxía presentou este martes en Rianxo o seu servizo de mobilidade con coche eléctrico. A cooperativa galega adquiriu un vehículo que poderá ser utilizado previa reserva polos seus socios e socias. O obxectivo é adquirir máis en función da demanda e que os coches sirvan para fomentar as alternativas aos motores de combustión. Falamos co seu presidente, Pablo Álvarez
Arquivadas sen culpables as investigacións dos incendios de hai un ano no Val Miñor, incluído o que provocou dúas mortes
A falta de probas paraliza as investigacións dos lumes de Nigrán, Baiona e Gondomar, único concello este último no que se chegou a deter a dous irmáns nos días seguintes
Colectivos pola defensa medioambiental da comarca de Compostela únense nunha Rede
A Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre xunta asociacións contra a mina de Touro, os vertedoiros de Miramontes ou Lesta, a planta da Casalonga ou o megaparque eólico de Ordes. Reclama a modificacion da lei para ampliar o prazo para alegar a proxectos deste tipo no rural.
O persoal de Alcoa agradece "o enorme apoio" cidadán e político contra o peche: "Seguiremos e gañaremos"
"Se o apoio puidese transformarse en enerxía eléctrica resolvería o noso problema para sempre", di o comité de empresa, agradecido polo "agarimo" recibido mentres agarda polos contactos do Goberno de España coa empresa
Paul Ríos: “Coa desaparición de ETA tentarán vincular os movementos independentistas coa violencia”
ENTREVISTA Sete anos despois do cesamento das accións armadas de ETA e tras o anuncio de disolución definitiva da banda o que fora coordinador do colectivo pola paz Lokarri afirma que "o cambio foi radical e irreversible, non hai volta atrás". "Todas as vítimas teñen dereito á verdade, á reparación e ao recoñecemento. Todas deben sentir que son tratadas con respecto", subliña
Clamor unitario na Coruña contra o peche de Alcoa
CON VÍDEO Catro anos despois milleiros de persoas volven encher o centro da Coruña para esixir que a multinacional estadounidense non peche a súa factoría e reclamar estabilidade no marco eléctrico. O comité de empresa contou co apoio de todas as principais forzas políticas e sindicais
"Esquécese cuestionar as manadas de homes que van penetrar por todos os buracos a mulleres vulnerables"
Vigo acolleu este xoves a VII Xornada da Rede Galega contra a Trata, titulada "Por unhas novas masculinidades fóra do mercado sexual". A activista Amelia Tiganus ofreceu a súa visión e a súa experiencia como supervivente da trata. Outras intervencións afondaron na responsabilidade dos homes como explotadores sexuais da muller.
A inmobiliaria do Santander ameaza con botar das súas vivendas medio cento de familias de Cambre
En 2017 rematou o acordo de 20 anos que garantía o carácter social dos alugueiros dun inmoble de protección oficial. Fadesa vendeullo hai tres anos ao Banco Santander e nos últimos meses os veciños e veciñas -a maioría con moi escasos recursos- comezaron a recibir cartas que lles comunican que os seus contratos non serán renovados
A Fiscalía de Ourense querélase contra dous cargos da Xunta por acoso inmobiliario a unha anciá
Lucila, a piques de facer 93 anos, vivía dende 1963 de alugueiro nun piso da antiga Cámara da Propiedade de Ourense. O fiscal atribúe á Consellería de Facenda "medidas de presión non lexítimas" e "irregulares" para desafiuzar a anciá e un veciño dos seus pisos de renda antiga. A Xunta négao e subliña que tentou chegar a acordos amistosos