Voltar

Mundo

  • A última oportunidade socialista

    Michel Caubet, empregado de correos e membro do sindicato CGT pensa que «pode que esta sexa a última oportunidade para a esquerda en Francia». Na súa mente pesan os descalabros e os ridículos dos últimos anos pero sobre todo «as políticas de dereita feitas por quen di defender aos traballadores». Na mesma liña amósase Pierre-Paul Gregorio. «A xente agarda un cambio, agora ben, creo que se ese cambio non é palpable e máis ou menos real, coido que o terreo para a chegada da FN estará máis que abonado».

  • Francia asiste ao epílogo de Sarkozy (II)

    Diego E. Barros repasa nesta segunda entrega da súa crónica da campaña electoral das eleccións presidenciais francesas o escenario da dereita gala, coa ameazante presenza da Fronte Nacional en ascenso e cun discurso que conecta cada vez cunha maior porcentaxe de franceses e francesas.

  • Francia asiste ao epílogo de Sarkozy (I)

    O presidente ensina a crise aos franceses cunha batería de medidas impopulares a tres meses das eleccións. Hollande quere recuperar o socialismo “de esquerdas”, que lle serve para encabezar as enquisas potenciando a sensación de cambio, mentres a Fronte Nacional capitaliza o discurso nacionalista e antiglobalizador