Obama gaña e gobernará catro anos máis
O suspense acabou ás 5.15 da mañá (hora española). Dúas cadeas de televisión deron a vitoria en Ohio a Barack Obama e con ela, a reelección. A noticia continuou unha tendencia que parecía imparable ao longo da noite electoral. Romney non conseguía facerse con ningún dos estados que votaran a Obama en 2008.