
Imos por eles
Imaxinen que as cidades ardesen como os bosques. Iso acontecía. Os incendios constantes destruían barrios, mazás ou cidades enteiras, eran catástrofes estruturais. Hoxe son casos extraordinarios, como o do Chiado. Foi unha conquista, da racionalidade, do método cartesiano, da disciplina colectiva.