A Xunta gasta 300.000 euros máis na campaña para animar a ter fillos
Benestar suma xa case un millón de euros na elaboración e difusión dos anuncios cos que di tentar transmitirlle á poboación a súa "responsabilidade" no problema demográfico do país. A oposición censura que a acción publicitaria sexa simultánea á aplicación de recortes sociais.