Galicia ten o seu propio 'caso Aguirre'
A Asociación Unificada de Guardias Civiles (AUGC) denuncia que Ana Belén Vázquez, deputada ourensá do PP no Congreso, coaccionou un axente de Bande para evitar multas por mal aparcamento e por non ter a ITV superada, e xunto co seu home, o alcalde de Bande, presiona para trasladar o axente.