A Xunta desenténdese dos recortes laborais nas empresas que contrata
O Goberno galego respóndelle ao BNG que é "alleo ás relacións laborais" dunha empresa de seguridade contratada por Educación que recortou o salario do seu persoal. Mentres, Rueda mantén que o Executivo xa aplica cláusulas sociais na súa política de contratación.