Só Marcial Dorado logra que Feijóo compareza
O PP veta a celebración dun pleno extraordinario solicitado polo PSdeG e apoiado polo resto da oposición para abordar asuntos como a venda de Novagalicia Banco ou a contrarreforma da lei do aborto.
O PP veta a celebración dun pleno extraordinario solicitado polo PSdeG e apoiado polo resto da oposición para abordar asuntos como a venda de Novagalicia Banco ou a contrarreforma da lei do aborto.
Os conservadores teiman en que os demais grupos non presentaron ningunha proposta formal fronte ao seu recorte de escanos aínda que o BNG xa o fixo en maio, o PSdeG vén de facelo e AGE avanza que tamén o fará.
Turismo eloxia o paso da carreira ciclista por Galicia pero obvia que gastou, cando menos, 165.000 euros para financiar o anuncio publicitario do evento deportivo. O Xacobeo Galicia deixou de correr porque lle faltaba, segundo Ezequiel Mosquera, unha achega dun millón e euros.
O PP ratifica que volverá vetar a comisión sobre o accidente que esixen AGE e BNG e que tamén reclaman as vítimas. O PSdeG apunta que se volverá abster. Audio no interior
A Consellería de Educación responde a unha pregunta do PSdeG avogando por que as universidades emitan os seus documentos tamén en castelán para que así o Goberno central non os considere un erro. Os socialistas lamentan o "desprezo" pola lingua propia de Galicia.
AGE e o BNG volven pedir unha comisión de investigación no Parlamento tras a saída á luz dun informe do xefe de maquinistas de Ourense no que, ano e medio antes do accidente, advertía das deficiencias de seguridade da curva da Grandeira. O xuíz considera que ese documento ten, "sen dúbida ningunha, interese para a causa".