O PP de Betanzos tentou despedir o avogado do Concello na causa contra a súa voceira
A ex alcaldesa betanceira defendeu en 2012 unha moción na que instaba o Goberno local a "revogar a contratación" do avogado e pasarlle o asunto ao asesor xurídico municipal, que o rexeitara por non estar especializado no ámbito penal. Os votos de PSdeG e BNG impediron a destitución. Audio no interior