O Parlamento xa rebaixou case un 20% o seu orzamento sen tocar os escanos
A Cámara acumulou durante a pasada lexislatura 7 millóns en aforros, dous máis que os que prevé o recorte de deputados e deputadas. As partidas para salarios apenas minguaron un 7% e a oposición aposta por rebaixalas mantendo o número de representantes da cidadanía.