Política
Feijóo volve prometer a lei de publicidade institucional e desdeña un novo Estatuto
Como no inicio do seu primeiro mandato, o presidente inclúe entre as súas prioridades lexislativas a regulación por lei da propaganda oficial. O Goberno galego asegura que levará adiante un paquete de leis marcado, ao xeito dos pasados anos, polas reformas de normas anteriores.
Antroidadas
David Rodríguez
A xuíza da 'Pokémon' detén un edil de Santiago e rexistra a casa de Conde Roa
A maxistrada Pilar de Lara inicia unha nova fase da operación por supostas adxudicacións irregulares que xa lle custou o cargo aos alcaldes de Ourense e Boqueixón. O novo operativo, denominado 'Manga', sáldase co prendemento do titular de Seguridade de Santiago, de Ángel Espadas, ex asesor do anterior rexedor compostelán, e de sete persoas máis en Galicia, Catalunya e Asturias.
A Plataforma das Artes Escénicas, novo colectivo expulsado do Parlamento
Membros da plataforma que representa diversos colectivos artísticos do país reclaman que Jesús Vázquez responda ao que lle preguntaba o BNG sobre a ausencia de programación en AGADIC e a presidenta da Cámara ordena a súa marcha
A presidenta do Parlamento amonesta a Ana Pontón por chamarlle "corrupto" a Feijóo
Pilar Rojo forza a retirada da acta do pleno parlamentario da intervención na que a nacionalista considerou que o presidente incorre en "corrupción" ao lanzar "mentiras" na Cámara
O PSdeG acusa a Feijóo de pagar 48 millóns máis en xuros da débeda por "vaidade"
Pachi Vázquez asegura que o Goberno galego non acode ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA)polo carácter vaidoso do presidente malia ofrecer financiamento máis barato
Andalucía, Zapatero ou Esquerra, escudos de Feijóo ante os casos de corrupción
O presidente da Xunta manifesta a súa "repugnancia" por Bárcenas pero elude ofrecer as "explicacións" que lle reclaman no Parlamento PSdeG, AGE e BNG
Rubalcaba pide a dimisión de Rajoy na sesión de control ao Goberno
É a primeira vez que o líder do PSOE lle demanda cara a cara que abandone o cargo. Rajoy responde que "o PP é pioneiro na loita contra a corrupción"
A permanente inoportunidade do direito a decidir
Joám Lopes Facal
AGE abandona o Parlamento tras a expulsión dun dos seus deputados
A polémica volve á Cámara logo de que o presidente da Cámara expulsase a David Fernández, que ironizou coa "corrupción" do PP, os "sobres" de Bárcenas e "os traxes de Camps". AGE recorrerá e cualifica a decisión de "ataque inaceptábel á soberanía popular". Vídeo no interior.
O PP cede un chisco na súa política fiscal
Os populares acordan co PSdeG unha emenda aos Orzamentos que elevará un 20% o imposto de patrimonio, aínda que se mantén o mínimo exento en 700.000 euros.