Feijóo non pecha a porta a 'intervir' Santiago con edís non electos
O presidente da Xunta asegura que activar os mecanismos previstos na lei de grandes cidades é "competencia indelegable" do alcalde, se ben asegura estar comprometido coa "gobernabilidade" da capital. A normativa permite introducir en Compostela ata dous concelleiros non elixidos nas urnas.