Espazo Ecosocialista impulsa con outros seis partidos a 'Declaración de Sevilla' por un novo proceso constituínte
Os asinantes cren necesario e urxente "avanzar desde a diversidade para articular a resistencia e as alternativas ao modelo recentralizador e antisocial da dereita extrema. Espazo Plural reunirase en xuño en Valencia coa intención de concretar a forma de cooperar entre as forzas políticas territoriais, de esquerdas e ecoloxistas.