Política
"En Vimianzo a moción non é de censura, é de corrupción"
O alcalde vimiancés do BNG, Manuel Antelo, insta a Feijóo a "parar" a operación artellada por edís de PP, PSdeG e independentes para desbancalo da alcaldía. As direccións popular e socialista desautorizan os edís censores.
O soberanismo sae á rúa contra a corrupción e a prol da "soberanía"
A manifestación convocada polo BNG xunto a diversos colectivos soberanistas xunta milleiros de persoas en Compostela. Guillerme Vázquez chama a "castigar os corruptos" e "proceder á rexeneración democrática do sistema"
Creba democrática 2.0
Rafa do Pico
Feijóo celebra entre protestas o cuarto aniversario da súa chegada á Xunta
O xefe do Goberno galego carga contra as forzas da oposición que "se miran no espello dos antisistema" ou "de Bildu" no Congreso do PP de Lugo, que reelixiu a Barreiro co 96,4% dos votos mentres no exterior se desenvolvían manifestacións a prol da sanidade pública e dos afectados polas preferentes
O PSdeG desoe a Ferraz e activa as primarias propostas por Pachi Vázquez
O Comité Nacional dos socialistas galegos dálle luz verde, con só dous votos en contra, a que a persoa que lidere o partido sexa elixida por toda a militancia o 1 de xullo. Besteiro ratifica que optará á secretaría xeral e inicia unha rolda de contactos coas agrupacións.
O PSdeG, ante unha encrucillada de dobre fío cara á renovación
Os socialistas galegos reunen este sábado o seu Comité Nacional, no que Pachi Vázquez defenderá a celebración dunha "consulta" para renovar a secretaría xeral que non concorda cos estatutos do PSOE. Os grupos internos reclaman celeridade na renovación e que os atrancos da dirección federal non sexan a "escusa" para atrasar o proceso.
O estado da evasión
Gabriel Vezeiro-Sueiras
Pachi Vázquez garante que "toda a militancia" elixirá "antes do verán" a dirección do PSdeG
O secretario xeral dos socialistas prepara unha "fórmula" que lle permita a "cada militante" participar na renovación da secretaría xeral do partido sen "confrontar cos estatutos" do PSOE, que non permiten primarias para renovar o liderado interno
A Xunta empurra os concellos a fusionárense con primas nas subvencións
Os municipios fusionados terán un 30% da puntuación polo mero feito de presentárense ás convocatorias de axudas. O Goberno galego deixa a porta aberta a incentivar estas unións con subsidios sen concorrencia competitiva, vía convenio.
Feijóo sobrevoa a lameira política compostelá esixindo explicacións aos seus e á oposición
O presidente da Xunta amósase molesto ao ser cuestionado pola situación do goberno santiagués e volve reclamar que o gabinete de Currás aclare a súa actuación, desta volta pola suposta presentación de facturas falsas en subvencións a unha asociación de veciños
O Povo é quen mais ordena!
Xoán Hermida