Feijóo celebra os cen días poñendo a súa xestión como "modelo" na Moncloa
O presidente da Xunta asegura que o seu Goberno ocupa agora o lugar que antes tiña Cataluña, cando era ollada con "envexa". A oposición galega lamenta que se centre na súa "promoción" persoal e non observa nada positivo na reunión da Moncloa nin no primeiro treito do mandato.