Política
A Xunta quere cobrar polo uso de estradas e autovías, segundo AGE
A formación denuncia que a Consellaría de Infraestruturas mantén esa opción no proxecto de lei de estradas a pesar de que o Consello Económico e Social criticou esta posibilidade.
Feijóo segue o camiño de Galicia Bilingüe, que xa recorreu a sentenza do decreto
O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso do colectivo, que lanza unha campaña para solicitarlle ao presidente da Xunta que tamén acuda á Xustiza, algo que xa prepara o Goberno galego.
O PSdeG pídelle ao alcalde do Porriño que "despexe as dúbidas sobre a súa xestión" ou que "dimita"
O xulgado admite a trámite a querela da Fiscalía contra o alcalde Nelson Santos, do PP, por un presunto delicto de prevaricación. "Se non pode explicar o seu comportamento e a súa xestión, ten que dimitir", di a voceira socialista Eva García.
O BNG celebrará a Asemblea Nacional da "reorientación" o 17 de marzo
Os nacionalistas renovarán dirección e ideario nun cónclave dunha soa xornada e de novo aberto ao conxunto da militancia
Feijóo só defende a limpeza das contas do PPdeG dende que el o dirixe
O presidente da Xunta evita considerar, como a dirección estatal do seu partido, que o caso Bárcenas sexa unha operación para prexudicar a Rajoy. PSdeG, AGE e BNG esixen que aclare as referencias a Galicia na suposta contabilidade 'b' da formación conservadora.
Rojo pide un "acordo" por escrito coas normas para visitar o Parlamento
A presidenta da Cámara convoca os voceiros de PSdeG, AGE e BNG a unha xuntanza na que lles reclamará pactar para evitar incidentes nos plenos. A oposición reclama a fin das restricións.
O BNG colle a vasoira para "limpar o desgoberno" do Concello de Santiago
Os nacionalistas convocan un acto simbólico para este xoves á tarde, coincidindo co pleno no que o rexedor compostelán, Ángel Currás, explicará a súa situación xudicial
Paula Prado marcha. O problema continúa
Rubén Cela
'Hemos feito' que o galego estea en 'crisi'?
Os erros ortográficos e gramaticais son unha constante na lingua empregada por diversos dirixentes políticos de Galicia. Analizamos coa axuda do académico Xosé Luís Regueira as posibles causas do problema.
Rexeitamento frontal ao recurso da Xunta que tenta "aumentar a desprotección do galego"
A Mesa, CIG, AGE ou Compromiso censuran a "belixerancia" e o "odio furibundo" do Goberno de Feijóo contra a lingua propia tras o anuncio de que recorrerá as sentenzas do decreto.
O PP resístese a revelar os seus criterios de admisión de cidadanía no Parlamento
Paula Prado estréase como voceira dos conservadores acusando a oposición de "facilitar que se cometan delitos" na Cámara e istando os deputados de PSdeG, AGE e BNG a devolver o salario do pleno ao que non asistiron para protestar polas restricións da presidenta. Audio no interior