O PP di concordar con que Lugo precisa a hemodinámica que Feijóo promete dende 2011
A oposición parlamentaria lembra que a carencia do servizo para atender infartos no hospital lugués duplica o tempo de atención e a mortandade de pacientes
A oposición parlamentaria lembra que a carencia do servizo para atender infartos no hospital lugués duplica o tempo de atención e a mortandade de pacientes
Os conservadores rexeitan unha iniciativa socialista, apoiada por toda a oposición, para garantir o cumprimento de obxectivos asumidos polo Goberno galego como chegar a destinar o 0,7% do orzamento aos países en vías de desenvolvemento
Manuel Baltar será o único candidato á presidencia no congreso do PP de Ourense pero a dirección autonómica ten garantida a presenza dos seus fieis nos órganos do partido na provincia
Todos os grupos da Cámara aproban a proposta socialista de estudar as vías para atallar as condutas corruptas. En pleno escándalo do Bárcenas, os traballos estarán inspirados nas suxestións do fiscal superior de Galicia
Pilar Rojo transmítelles verbalmente aos grupos a súa intención de permitir que os grupos poidan volver convidar cidadanía á Cámara. As persoas visitantes terían que asinar un compromiso de non alterar a orde da sesión.
O comité de empresa da canle pública alerta de "presións e intervencións acotío" sobre os profesionais do medio, unha situación que empeorou ante os "diversos casos de corrupción política" e que cualifican de "penosa e vergoñenta".
O presidente da Xunta asegurou durante a súa investidura que procuraría unha unión de autonomías e Goberno central para lograr o mantemento das axudas comunitarias. Finalmente, o pacto queda nun documento con peticións conxuntas.
Os conservadores insisten en que as supostas prácticas irregulares se produciron cando Feijóo aínda non dirixía o partido; a oposición lembra que o presidente da Xunta foi alto cargo con Aznar e reclama a dimisión de Rajoy
O secretario xeral do PSOE afirma que o presidente do Goberno "non pode facer fronte á situación que atravesa España". Este sábado tamén Cayo Lara propuxo levar ao debate sobre o estado da nación unha resolución de reprobación para pedir a súa dimisión e a convocatoria de eleccións anticipadas
Nas anotacións da suposta caixa b destacan os ingresos procedentes de Galicia entre 1997 e 1998 que suman 115 mil euros. E tamén os 126 mil de Pablo Crespo entre 1999 e 2000.
A veracidade dos documentos publicados por El País comeza a probarse a través da documentación do caso Gürtel que amosan a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns pagamentos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, secretario de Organización do PPdeG.