O PP di que o adianto en Euskadi "non condiciona a Feijoo", pero non aclara a data das eleccións
Pedro Puy convocou unha rolda de prensa urxente para afirmar que o anuncio realizado por Pachi López non influirá na decisión que se tome en Galicia. O PSdeG-PSOE esíxelle ao presidente da Xunta que "remate coas especulacións", e o BNG pídelle que dea marcha atrás no "pucheirazo". Para que as eleccións galegas coincidan coas vascas, Feijoo debería disolver o Parlamento antes do vindeiro martes.