Política
A UPG elixe novo líder tras confirmarse a marcha de Francisco Rodríguez
Francisco Rodríguez confirma que abandona a secretaria xeral do partido, que celebra esta fin de semana o seu XII Congreso Nacional.
A Xunta aproba a modificación do PXOM de Mugardos nun intento de legalizar Reganosa
O Comité Cidadán xa advertira que todos os procedementos destinados a manter unha plant de gas que -consideran- o Supremo declarou ilegal, poderían supor un delicto de prevaricación.
A Xunta volve admitir que no inicio do mandato sabía que debía "potenciar" o galego
O secretario xeral de Política Lingüística recoñece no Parlamento, como xa fixera por escrito, que a Xunta aplicou o decreto plurilingüe aínda que "a situación do galego non era boa". O BNG lémbralle que o conselleiro dixo que a lingua propia era maioritaria nas aulas e repróchalle a "mentira".
A casa polo tellado
Francisco Martínez Hidalgo
A nova data do AVE galego, en precampaña
Feijóo corrixe a ministra de Fomento e asegura que Rajoy dará "no verán" o prazo de finalización da conexión de alta velocidade coa Meseta. O presidente convocará en cuestión de "días" o 'cumio' coas deputacións que prometeu hai un ano
A factura de Meirás segue a subir: 21.000 euros máis para a seguridade dos Franco
A Xunta asinou o pasado marzo un novo convenio coa familia do ditador para a apertura do edificio durante 2012, obrigatoria pola súa condición de Ben de Interese Cultural
A incompetencia da ministra de Sanidade
Pablo Vaamonde
"Hai que ir sumando para poder facer a Syriza española"
Jordi Guillot é senador por Iniciativa per Catalunya, formación da que é vicepresidente. Será unha das voces que participará este sábado na Coruña na Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia. Falamos con el da crise económica, da organización da esquerda e das touradas, sobre as que é rotundo: "se a marca España se reduce a Bankia e ás corridas de touros, imos apañados. É o peor pasaporte que podemos ter". Audios no interior.
Feijóo reparte culpas ante a esixencia de investigar xa Novagalicia Banco
O presidente aférrase á esixencia de responsabilidades ao bipartito e ao Goberno de Zapatero mentres o PSdeG lle reclama un "pacto" para que NCG Banco teña o mesmo trato que Bankia e o BNG, a instauración da banca pública galega, nun bronco pleno a conta do rescate
Novo veto do PP a investigar a xestión das antigas caixas galegas
Os conservadores galegos aseguran que estarán "dispostos" a investigar as antigas Caixa Galicia e Caixanova e a súa resultante, Novacaixagalicia, cando Novagalicia Banco estea "capitalizada" nun debate marcado polo rescate
Os bancos seguirán diante de sanidade e ensino cando o orzamento galego medre
O PP rexeita a proposición de lei do PSdeG para "blindar os servizos públicos" porque suporía modificar a Lei de Disciplina, que implica dedicar o posible superávit das contas da Xunta a pagar débeda antes que a investimentos