Feijoo adía a xullo a confirmación dos contratos de Pémex
Nunha entrevista na Radio Galega, o presidente da Xunta afirmou que na primeira semana do mes que vén se celebrarán varias xuntanzas para definir os prezos e os contratos para a construción de remolcadores e barcos químicos. Promete, ademais, que antes de setembro se abrirá unha comisión de investigación no Parlamento.