O PSdeG promete eliminar o copago farmacéutico e o PP presume da súa aplicación en Galicia
A polémica arredor do copago farmacéutico pon a andar a precampaña. Pachi Vázquez pregúntase "se non haberá de onde sacar 33 millóns de euros sen quitárlleos aos pensionistas", mentres Alfonso Rueda presume de que estes non terán que adiantar os custos das súas menciñas no país.