Política
Rajoy lánzalle un flotador electoral a Feijóo nas contas do gran recorte
O Goberno central fai unha excepción na tesoirada xeralizada para aumentar o investimento en Galicia e Euskadi, as dúas autonomías que poderían pasar polas urnas antes dos seguintes Orzamentos. A Xunta apresúrase en agradecer que o AVE galego sexa "irrenunciable" para Fomento.
A Xunta defende a súa "alta eficacia" no lume "provocado" das Fragas do Eume
O secretario xeral de Montes asegura no Parlamento que estivo "onde tiven que estar" mentres ardían as Fragas mentres PSdeG e BNG lle reprochan os recortes no dispositivo de prevención e extinción e os seus "experimentos" coa xestión forestal en Galicia dende os gobernos de Fraga
Excelentísima Junta de Andalucita
Diego Giráldez
O concello de Ourense adxudicou obras por máis de 600.000 euros a un empresario investigado por desviar fondos europeos
A empresa ATCON está administrada por Gumersindo Álvarez Martínez, administrador igualmente de Costrucións e Promocións SL (CRUZVAL) e curmán do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez. A empresa Cruzval e Rogelio Martínez están sendo investigados pola presunta implicación no desvío de fondos comunitarios ao realizaren determinadas obras públicas no concello de Arnoia.
"Os 22 millóns que se recortaron do orzamento de prevención dos lumes non saen gratis para os cidadáns"
Tareixa Paz, deputada do BNG, ofreceu unha rolda de prensa en Monfero acompañada de Ana González, voceira nacionalista no concello, un dos máis afectados polo incendio das Fragas. Paz anunciou que pedirá a comparecencia de Rosa Quintana no Parlamento o 10 de abril e que solicitará que se depuren responsabilidades políticas por unha prevención insuficiente, a falta de información e a falta de medios na extinción, segundo denunciou. Audios no interior
O incendio político: "Feijóo xa ten o seu Prestige"
O BNG atribúe aos recortes a dimensión acadada polo incendio nas Fragas e o PP asegura que Feijóo aproveita a súa presenza en Madrid, no Comité Executivo do seu partido, para realizar xestións ante o Goberno central reclamando axuda para Galicia.
Rajoy durante os lumes de 2006: "En situacións coma esta é onde se mide a eficacia dos Gobernos"
Na vaga de lumes de hai seis anos o Partido Popular acusou o Goberno galego de ineficacia, falta de coordinación, de soberbia e solicitou a apertura dunha comisión de investigación no Parlamento e a realización dun pleno especial para dirimir responsabilidades políticas.
Por que arde Galiza?
María Lado
Carta aberta ao presidente da Xunta: Arden as Fragas
Xabier P. Docampo
A articulación dun espazo
Francisco Martínez Hidalgo
Feijóo saca peito en pleno recorte de Rajoy para equiparar a xestión da Xunta con Alemaña
O PPdeG recupera a escenografía de campaña electoral nun acto no que o presidente e a ministra de Fomento aseguraron, sen prazos, que o AVE entre Madrid e Galicia está "preservado" da tesoirada xeralizada do Goberno central